Marín cifra en 1.500 comensais os que gozaron dunha exitosa Festa Corsaria
Por Redacción
Tras dous anos sen celebrarse como corresponde, piratas e corsarios encheron as rúas de Marín esta fin de semana para participar nunha Festa Corsaria que desbordou todas as expectativas. Houbo preto de 1.500 persoas comendo polos espazos públicos da vila.
O Concello, segundo explicou a concelleira de Festas, Marián Sanmartín, fai moi bo balance da festa porque foi unha das edicións "nas que máis persoas se disfrazaron e se ambientaron para participar de xeito máis activo" nesta celebración.
A Festa Corsaria de Marín, destacou a responsable municipal, xa forma parte do calendario de verán dos marinenses e doutra xente da contorna, "que vén ata a vila para gozar desta festa ambientada na época corsaria de Juan Gago de Mendoza".
Nesta ocasión, instaláronse 52 postos de hostalaría e colocáronse 73 mesas.
Outro dos acertos deste ano, afirmou Sanmartín, foi o desfile dos barcos previo á batalla de Gago de Mendoza, que permitiu a moita xente gozar destas construcións e da ambientación pirata.
"Coma sempre, hai cousas que mellorar e por iso, como vivimos esta festa dende dentro, organizándoa e estando pendentes de todo o proceso, poderemos pulilas de cara ao ano que vén", explicou a concelleira de Festas.
Ademais, este ano a programación da Festa Corsaria incluíu o evento de DJs no Camiño na Praza de España, que congregou a un numeroso público para asistir á pinchada de David Expósito, Hugo Leivas e Dave Silva, entre outros.
Relacionadas:
-
Establecen requisitos para a hostalería con terraza na zona da Festa Corsaria
Por Redacción |
-
O 26 de xullo abre o prazo para solicitar mesas para a Festa Corsaria
Por |
-
Miles de persoas participaron na Festa Corsaria de Marín
Por Redacción |
-
O prazo para solicitar mesas na Festa Corsaria de Marín conclúe o 15 de agosto
Por Redacción |
-
A Festa Corsaria regresará a Marín o 19 e o 20 de agosto
Por Redacción |