O PSOE de Sanxenxo denuncia ante a Fiscalía a situación "deleznable" do PAC de Baltar
Por Oskar Viéitez
A portavoz do Partido Socialista no Concello de Sanxenxo, Ainhoa Fervenza denunciou ante a Fiscalía a situación "deleznable" que se está a vivir no Punto de Atención COntinuada (PAC) de Baltar.
Asegura Ainhoa Fervenza que "a falla de previsión" do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra - Salnés para cubrir as prazas co persoal necesario "soamente leva a pensar que ó conselleiro de Sanidade que non lle importa a saúde pública, nin o que lles ocorra a calquera veciño ou veciña que teñe un problema de saúde".
Segundo a voceira socialista en Sanxenxo as listas de agarda de ata quince días para unha cita de atención primaria durante todo verán "xa eran un atentado contra a saúde pública pero pechar de todo as citas ten que ser constitutivo de delito".
Sinala Fervenza que en Sanxenxo "quedou omitida" unha das características esenciais do sistema público de saúde que é a "prevención" e sinala a "colaboración" do alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín neste problema porque "foi incapaz de facer valer os dereitos da veciñanza, desviando a mirada coas súas ideas de bomba de palenque ao propoñer aluguer gratis".
Dende o PSdeG de Sanxenxo consideran que "xa non se pode deixar ir mais aló a degradación da sanidade pública, na que a Xunta leva recortando cartos en atención primaria dende que se fixo cargo dela Feijoo ata facer que apodrecera e quedaran inservibles e sen contidos os centros de atención primaria".
E remata a portavoz do PSOE dicindo que "a Constitución e as leis que desenrolan o seu artigo 43 explican o que significa a saúde pública e cales son as obrigas dunha parte e cales os dereitos; dereitos que non se están a cumprir en Sanxenxo nin nos alrededores, polo que esiximos que se recompoña a equipa de facultativos e se abran as axendas de citas ordinarias".
Relacionadas:
-
Ainhoa Fervenza, elexida como candidata do PSdeG á alcaldía de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Multitudinaria concentración polo "desmantelamento" da atención primaria en Sanxenxo
Por Redacción |
-
As Comisións de Centro de Pontevedra demandan unha reunión urxente con Flores ante a precarización de Atención Primaria
Por Redacción |
-
Sábado 27, protesta ante a precarización de servizos sanitarios no Centro de Saúde de Baltar
Por Redacción | Creada e actualizada
-
González Formoso sobre a morte no PAC de Baltar: "non pode ser que unha persoa faleza por falta de recursos na sanidade"
Por Natalia Puga |
-
Sanidade sinala que non detectaron "criterios de gravidade" na muller que morreu en Baltar tras negarlle unha ambulancia
Por Natalia Puga |
-
O Sergas destaca a calidade asistencial no centro de saúde de Baltar e a oposición asegura que "está peor que nunca"
Por Redacción |