Actividades musicais, deportivas e na natureza nos vindeiros días a cargo da Deputación
Por Redacción
Dende este venres 19 ata o vindeiro xoves 25 de agosto a Deputación de Pontevedra propón gran variedade de actividades para todos os públicos. Música, deporte e natureza conforman a programación que a administración provincial levará a cabo ó longo da semana.
As actividades comezarán este venres 19 cunha ruta de "Bosques Terapeúticos", que percorrerá a contorna da ponte colgante de Lérez, en Pontevedra, á vez que ofrece unha experiencia cultural, terapéutica e enriquecedora.
A media mañá, o Castelo de Soutomaior, abre as portas os visitante que recibirán unha visita guiada polos xardíns e o castelo, a cargo de guías caracterizadas como María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Emilia Lluria. As persoas interesadas tamén poderán desfrutar desta actividade ó longo da vindeira semana.
O sábado 20 arrancará tamén cunha camiñada de "Bosques terapéuticos", que chegará nesta ocasión ao transcurso do río Almofrei, no concello de Cerdedo-Cotobade. Pola noite, os concertos de "Musigal" con Sés estará na Praza de Dena, en Meaño, ás 22:30 horas.
Será o domingo 21 cando se celebre a segunda ruta de "Depo Orienta" no concello de Cuntis que arrancará ás 10.30 horas dende a Praza da Constitución.
O xoves 25 ás 18:00 horas, será o Castelo de Soutomaior o que acolla o obradoiro creativo "Sucos e Pegadas. A natureza como ferramenta para crear", unha actividade de "Tras as Ameas" a cargo de María Gar.
Relacionadas:
-
En marcha Musigal, Depo en Marcha e Depo Aventura na Lanzada para 2023
Por Redacción |
-
Bosques Terapéuticos para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente
Por Redacción |
-
'Con-fiando Cultura', o lema baixo o que a Deputación desenvolverá unha programación cultural "sen precedentes"
Por María José Pita |
-
Musigal estreará no 2022 un catálogo de grupos e artistas con concertos en galego
Por Redacción |