A Boa Vila engalana con flores á Virxe Peregrina
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez
As campás do Santuario da Peregrina repenicaban esta sábado para recibir á carroza procesional da Virxe que, pasada a unha da tarde, percorría a rúa Michelena desde a praza de España ata chegar ao templo.
Son de festa, coa música das gaitas e os aplausos do público ante esta comitiva chea do colorido e a vistosidade dos traxes rexionais.
Ao chegar ao santuario, numerosos devotos da patroa da provincia depositaron os seus ramos de flores. Este ano por primeira vez a ofrenda á Virxe faraa un matrimonio, o formado por Alicia Blanco e Enrique Barreiro Álvarez, membros da Confraría da Peregrina.
Ao termo do breve oficio relixioso, as charangas Mil 9 e OT amenizaron as rúas e prazas do centro histórico xunto ás agrupacións folclóricas que participaron na ofrenda.
Este domingo celebrarase ás nove da noite a procesión que partirá da praza da Peregrina coa danza gremial das cintas do século XVIII.
Relacionadas:
-
Torreciudad lembra cando a imaxe da Virxe Peregrina viaxou en 1984 para saír de procesión no santuario de Huesca
-
Festas patronais en Santa María A Maior de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Carmen Salinero propón un reto no inicio da Peregrina: "Sentídevos como eu me sinto, orgullosa da nosa Pontevedra!"
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Amigos de Pontevedra celebra con imaxes inéditas da cidade medio século de recoñecementos
Por Cristina Saiz |