Monumentos e pontes seguirán iluminados pola noite
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra comezou a aplicar a Real Decreto Lei 14/2022 do 1 de agosto , máis coñecido como o decreto de aforro e xestión da enerxía.
Os distintos departamentos municipais recibiron unha circular para que todos aqueles sistemas de climatización que non estean centralizados pasen a 27 graos. Pois o que están centralizados xa están a esa temperatura, segundo aseguran desde o Concello.
No referido á iluminación e seguindo os criterios e valoracións dos técnicos municipais, despois de ler o Real Decreto, será apagada a iluminación nocturna da casa do concello.
As limitacións céntranse nos edificios de uso administrativo, polo que a obrigatoriedade destas medidas de aforro enerxético non se estende aos monumentos ou a outras construcións como as pontes, polo que o goberno local ha decidido manter a iluminación de todas estas estruturas.
Relacionadas:
-
Conde pide ao Goberno que as medidas de aforro enerxético queden reducidas a "recomendacións" no sector privado
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Pontevedra elabora unha listaxe das instalacións municipais que procederá a apagar
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación súmase ás medidas de aforro enerxético e apagará todos os edificios ás dez da noite
Por Redacción |