Na procura da persoa propietaria desta medalla aparecida en Montecelo
Por Redacción
O sábado 6 de agosto, ao mediodía, Ana Pazos atopábase no aparcamento do Hospital Montecelo unha cadea coa súa medalla.
Ela publicou no seu perfil de Facebook un aviso reclamando ás súas amizades que o compartan co obxectivo de atopar a alguén que a recoñeza e localizar así á persoa que sufriu a perda. Ata o momento non houbo éxito.
Segundo indica, a peza parece de ouro e conta con iniciais gravadas na parte posterior, ademais dunha data. Ana Pazos considera que a medalla debe de ter un gran valor sentimental para a persoa que a perdeu.
No caso de que alguén poida ofrecer información sobre a persoa propietaria debe poñerse en contacto con Ana Pazos a través do privado (Messenger) de Facebook.