A AP-9 sofre retencións debido á roda picada dun camión
Por Redacción
Numerosos vehículos atopábanse a primeiras horas desta tarde do martes con problemas para circular pola AP-9 en dirección a Santiago de Compostela, nas proximidades á ponte da Barca.
Un camión picaba unha das súas rodas e o condutor alertaba ao redor das 13.15 horas ao 112 Galicia para alertar da situación reclamando a presenza do servizo de emerxencias. Ata o lugar desprazábase a Garda Civil de Tráfico.
A presenza do camión obrigaba a que os vehículos circulasen a escasa velocidade, neste tramo que une os municipios de Pontevedra e Poio, creándose retencións que se podían observar desde as cámaras da Dirección Xeral de Tráfico na autoestrada.
Ata o lugar tamén se desprazaban operarios do servizo de mantemento de estradas. Ao redor das 16.00 horas se reestablecía o tráfico sen que se producisen máis incidencias.