A feira do mel "Meleira" contará con trece postos con produto artesán e de proximidade
Por Redacción
Pontevedra terá por diante, na vindeira fin de semana, unha nova edición da feira do mel, A Meleira. A cita, que alcanza o seu 32º aniversario, estará situada na rúa Serra, entre os días 11 e 14 de agosto, en horario de 10 a 14 horas e de 18 a 22 horas, menos o domingo 14 que será en horario de 11 a 14:30 h.
Serán trece postos entre apicultores, artesáns e productos de cercanía. A listaxe de apicultores é a seguinte: Apícola Regueira, Abellamel, Abella Menciñeira, Alto do Barreiro, Mel do Ramallo, Meles JS, Apipolis e Mel Preciosa.
Pola súa banda, a feira tamén contará cos artesáns e productos de proximidade de Alcacén de Liñares, Avoamakika, Cervexa Meiga, Feito a Man ou Milkabra.
A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, anima a toda a cidadanía a participar neste tradicional mercado do mel, coñecer os produtos que alí serán vendidos e a gozar da cidade nestes días de verán e tan relevantes para a Boa Vila.