Asegurado o transporte público na Canicouva mentres duren as obras na A-57

Por Redacción
A veciñanza da Canicouva terá asegurado o servizo de transporte público durante o tempo que duren as obras da A-47, segundo confirmou o Concello de Pontevedra esta semana.
Representantes do goberno local mantiveron ao longo das últimas semanas diversas reunións coas administracións responsables das obras da A-57 en relación cos cortes de tráfico na estrada de acceso á Canicouva desde Figueirido co fin de solucionar as inquedanzadas da veciñanza.
Deste xeito, chegaron ó acordo de que, para que as obras tivesen o mínimo impacto na vida dos veciños e veciñas, a empresa de transportes contará con novos horarios e rutas a partir deste luns 8 de agosto.
Desde o Concello aseguran que a empresa xa publicou os horarios e rutas e insisten en que, para maior comodidade dos veciños, retrasaron o inicio das obras porque a parroquia estaba celebrando as festas e precisaba total normalidade nas estradas.
Doutra banda, o Concello tamén trasladou no seu día que no tramo da estrada no que se actúe como consecuencia das obras da autovía, que é de máis dun quilómetro, deben ser ofrecidas unhas maiores condicións de seguridade e accesibilidade; coa creación dun vial máis ancho con arcéns, dos que non dispón na actualidade; ademais da eliminación de varias curvas para acadar unha maior seguridade viaria.
Relacionadas:
-
"Fartos" da falta de solucións tras danar as obras da A-57 a súa traída de auga
Por Redacción |
-
Afectados polas obras da A-57 esixen a apertura da estrada que une Pontevedra coa Canicouva
Por Redacción |
-
A A-57 conclúe o seu cuarto viaduto e encara a súa 'recta final' tras sete anos de obras
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Goberno 'fía' todo seu investimento en Pontevedra á A-57 e ao Nó de Bombeiros
Por Alejandro Espiño |
-
Decretan a situación de alerta 2 no incendio da Fracha pola proximidade ás casas da Canicouva
Por Natalia Puga & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Piden non realizar máis cortes de tráfico na Canicouva polas obras da A-57 ata despois das súas festas
Por Redacción |
-
Retoman o servizo de autobuses á Canicouva suspendido de forma sorpresiva
Por Natalia Puga |
-
Indignación co transporte público na Canicouva: o autobús déixaos tirados a 3 quilómetros de casa sen aviso previo
Por Natalia Puga |