Noite en alerta na Canicouva, Ponte Sampaio e Ponte Caldelas polo incendio da Fracha, que arrasa 150 hectáreas
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Aos veciños resultáballes imposible conciliar o sono durante a pasada madrugada, horas que as lapas avanzaron sen control e arrasaron 150 hectáreas do monte da Fracha. Como durmir sabendo que o lume se vía desde calquera punto do seu núcleo de poboación? Como encerrarse en casa co temor de que as las podían aproximarse perigosamente en calquera momento?
Ocorreu na Canicouva e no Vilar (Ponte Sampaio), no termo municipal de Pontevedra; e nalgunhas zonas de Xustáns, en Ponte Caldelas. Decenas de veciños xuntáronse e a noite pasárona en vela, pendentes da evolución do incendio declarado durante a tarde do venres no monte da Fracha.
O lume comezou sobre as 7:30 da tarde na parroquia de Xustáns, en Ponte Caldelas, pero pronto se expandiu en dirección a Pontevedra e aproximouse tanto ao núcleo da Canicouva que a Xunta decidiu decretar a situación de alerta dúas pola proximidade ás vivendas.
En Ponte Sampaio non se decretou esa emerxencia e tampouco en varios núcleos de poboación de Ponte Caldelas desde os que o lume se vía temerosamente preto, pero en todos estes lugares, centos de veciños mantivéronse igualmente alerta. Foi unha noite moi longa e cargada de tensión coas lapas como pano de fondo.
Este sábado a última actualización realizada pola Conselleía de Medio Rural con datos das 13.30 horas confirma que o incendio continúa activo e arrasou 150 hectáreas. A superficie é moi superior á confirmada a última hora da noite deste venres, 20 hectáreas e modo que o lume non está controlado e aumenta o seu perímetro.
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, mantívose alerta durante toda a noite, do mesmo xeito que centos de veciños de Pontevedra e de Ponte Caldelas, pendente da evolución do lume e tamén do traballo dos medios de extinción. Acompañou aos medios municipais e aos bombeiros despregados por todo o termo municipal para conter o avance do lume, que se concentrou nos montes de Sobreiro e Baltar.
A Xunta mantén a situación dúas pola proximidade do lume ao núcelo da Canicouva e as 13.30 horas deste sábado despregara cinco técnicos, 12 axentes, 33 brigadas, 26 motobombas, 4 pas, 8 avións e 8 helicópteros, medios que se prevé ampliar ao longo da mañá, en especial no que ten que ver cos medios aéreos, que coa luz do día puideron retomar o lume.
Ademais, mobilizáronse voluntarios de Protección Civil de Pontevedra e Poio, os bombeiros de Pontevedra e distintos medios municipais dos dous municipios afectados, Pontevedra e Ponte Caldelas, así como axentes da Garda Civil e da Policía Local de Pontevedra.
Tanto en todo Ponte Caldelas como na Canicouva e as zonas de Ponte Sampaio máis próximas ao lume, durante a noite cortouse a subministración eléctrica. Durnate a mañá deste sábado, os veciños de Ponte Sampaio e A Canicouva continúan sen luz e desde a empresa subministradora explícanlles que se trata dunha avaría.
Relacionadas:
-
Declaran como 'zona catastrófica' o territorio afectado polos incendios de Caldas e Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Técnicos municipais avaliarán esta semana os danos que o incendio causou no Parque forestal da Fracha
Por Redacción |
-
Medio Rural dá por controlado o incendio da Fracha dous días e medio despois de empezar a arder
Por Natalia Puga |
-
Estabilizado o incendio no monte da Fracha: agora toca avaliar danos
Por Natalia Puga |
-
"Evoluciona favorablemente" o lume que xa arrasou 380 hectáreas de Pontevedra e Ponte Caldelas
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A devastación que deixa ao seu paso o incendio no monte da Fracha
Por Natalia Puga & Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O incendio do monte da Fracha, sen control, arrasa xa 350 hectáreas
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
"Profundamente preocupados" en Pontevedra pola evolución do incendio da Fracha, que ataca o parque forestal
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Decretan a situación de alerta 2 no incendio da Fracha pola proximidade ás casas da Canicouva
Por Natalia Puga & Cristina Saiz | Creada e actualizada