Controlado un incendio que queimou tres hectáreas na parroquia de Xesta

Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un incendio declarado á primeira hora da tarde deste venres mobilizou numerosos medios de extinción ata a parroquia de Xesta, na Lama.
Segundo a información oficial da Consellería do Medio Rural, o lume declarouse ás 15.23 horas e qedou controlado ás 19.18 horas.
Segundo as primeiras estimacións, o lume arrasou nestas primeiras catro horas tres hectáreas de terreo forestal.
Para a extinción, Medio Rural mobilizou dous axentes, tres brigadas, dúas motobombas, dous avións e dous helicópteros. Entre os medios despregados atópase a brigada forestal de Laza, que compartiu imaxes do lume desde aire a través de Twitter.
#Brif Laza acabamos en incendio de Meis y nos dirigimos a una nueva intervención.
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) August 5, 2022
En esta ocasión para A Lama, Pontevedra.
Así se encuentra el incendio a nuestra llegada. pic.twitter.com/ZXMqBl0Y3k
Relacionadas:
-
O incendio de Caldas e Vilagarcía segue activo tras arrasar 450 hectáreas en 24 horas
Por Natalia Puga & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Decretan a situación de alerta 2 no incendio da Fracha pola proximidade ás casas da Canicouva
Por Natalia Puga & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Vilagarcía, en albas por un lume que obrigou a desaloxar 30 vivendas e arrasou unha chatarrería
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Evoluciona "favorablemente" o incendio de Saiar, que se estende a Vilagarcía con 450 hectáreas afectadas
Por Diego Espiño & Natalia Puga | Creada e actualizada