Churrascada veciñal nas parroquias de Borela e Caroi nesta fin de semana festiva
Por Redacción
As parroquias de Borela e Caroi teñen esta fin de semana tamén actos festivos relacionados, no primeiro caso, coas festas na honra de San Antón e a Virxe das Dores. O Neno Xesús protagonizará as celebracións en Caroi.
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, acompañou ás dúas comisións de festas nas súas respectivas presentacións do programa festivo e animou á veciñanza a pasarse por estes lugares e disfrutar das actividades de dinamización que se poñen en marcha en todo o municipio.
Así, os veciños de Borela honrarán a San Antón e á Virxe das Dores os días 5, 6 e 7 de agosto cunha infinidade de actividades tanto lúdicas como relixiosas que comezan este venres cunha verbena amenizada polos grupos Puzzle e Xtra.
O sábado 6 de agosto, pola mañá, terá lugar un pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Foula. Ás 13 horas comezará a misa solemne e, a continuación, terá lugar a procesión. A sesión vermú estará amenizada polo grupo de gaitas Foula.
Pola noitiña, a partir das 21 horas, haberá unha gran churrascada no recinto das festas amenizada pola Charanga Os Encerellados. Os tíckets para o churrasco pódense mercar en A Vosa Taberna (Borela), en Casa Senra (Pazos) e en Casa Blanco (As Lagoas) a un prezo por ración con criollo e pan de 10 euros. Pola noite haberá verbena a cargo de Soprano e o trío Azabache.
O domingo 7 de agosto, pola mañá, haberá pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Os Coribantes. Ás 13 horas comezará a misa solemne seguida de procesión e, a continuación, haberá sesión vermú e concerto a cargo do grupo Os Coribantes.
FESTAS NA HONRA DO NENO XESÚS EN CAROI
Pola súa banda, os veciños presentación tamén co alcalde, Jorge Cubela e o tenente de alcalde, Fernando Vázquez, o seu programa festivo para honrar ao Neno Xesús de Caroi, que terá lugar nesta parroquia os días 5 e 6 de agosto.
O venres día 5 de agosto haberá churrasco e polbo servido pola Pulpería Fuchela, a partir das 21:30 horas, e a verbena amenizada pola Orquestra New York e o dúo Prisma.
O sábado 6 ás 13 horas terá lugar a misa solemne seguida de procesión e sesión vermú a cargo da Banda de Música de Cerdedo. Pola tarde, a partir das 19 horas será a “Festa do Neno” con inchables e algunha sorpresa máis.
A Comisión anuncia que o bar estará xestionado por eles directamente e servirán bebidas a prezos "anticrise". Tamén estará o recinto da festa cuberto por unha carpa.
Relacionadas:
-
Queimada en Chamadoira polas festas de San Bartolomé
Por Redacción |
-
Pazos de Borela vivirá este sábado unha xornada festiva na honra de San Roque e San Antón
Por Redacción |
-
Festas en Almofrei na honra de San Lourenzo e San Roque
Por Redacción |
-
A Feira Franca confirma o seu tirón con 279 solicitudes para banquetes e 86 para mercado
Por Natalia Puga |
-
Fin de semana festiva en Cerdedo-Cotobade coas celebracións de San Xusto e San Pastor
Por Redacción |