O PP insiste no "colapso continuo" do tráfico en Pontevedra

Por Redacción
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, insistiu na "necesidad de que el Concello se comprometa" con "uno de los principales problemas que sufre la ciudad" que, ao seu xuízo, é a situación do tráfico.
O popular incidiu na "urgencia" de levar a cabo un estudo de tráfico, que analice de maneira "independente" os fluxos de circulación na cidade e propoña solucións técnicas.
Domínguez sinalou que estas propostas, achegadas por profesionais do urbanismo e sustentadas nos datos actuais de circulación, deben ser a folla de ruta da cidade.
"Debemos alejarnos del modus operandi de este Concello, que ha tomado como costumbre el cierre de calles de manera caprichosa" mesmo, afirma Domínguez "en contra de informes de la propia Policía local". "El resultado no es otro que tener la ciudad colapsada continuamente", dixo Domínguez.
Domínguez volveu a criticar que o peche da avenida Reina Vitoria xerou un "caos circulatorio" e tamén se referiu ao "atasco constante" na rúa Manuel del Palacio.
"Necesitamos ya soluciones viables y basadas en estudios técnicos, no las continuas ocurrencias del BNG", rematou.
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez reúnese con repartidores a domicilio para buscar solucións que faciliten o seu traballo
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez afirma que reducir a velocidade a 10 km/h en parte da cidade "es pasarse completamente de frenada"
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez asina ante notario que "lo primero que haga" como alcalde será reabrir Raíña Vitoria
Por Alejandro Espiño |