Auxilian unha embarcación de recreo que chocara cunha batea en Raxó
Por Redacción
O Servio Marítimo da Garda Civil de Pontevedra tivo que acudir en auxilio dunha embarbación de recreo tras sufrir un contratempo no medio da ría.
En concreto o barco, con 10 ocupantes a bordo, chocou á primeira hora da mañá deste venres cunha batea á altura de Raxó.
Segundo confirma a Garda Civil a embarcación puido retornar ao seu porto basee, en Portonovo, acompañada da patrulleira.
Todo quedou nun gran susto, xa que os 10 ocupantes da embarcación resultaron ilesos no incidente.