Detida unha muller 'especializada' en roubar nos hospitais
Por Redacción
Axentes da Comisaría Provincial de Pontevedra procederon á identificación e detención dunha muller de 54 anos de idade, veciña de Poio, con antecedentes policiais, como presunta autora dun delito de furto.
Os feitos remóntanse ao día 23 de abril cando presentaba denuncia en dependencias policiais unha traballadora dun centro hospitalario pola subtracción de dous talonarios de receitas e un selo médico do interior dunha consulta.
Posteriormente o día 19 de xuño denunciouse a subtracción dunha carteira do interior dun armario do cuarto dunha paciente ingresada no centro hospitalario.
O día 17 de setembro un traballador do hospital denunciaba o furto, do interior dun caixón da consulta, dun selo médico.
O día 25 de setembro presentábase outra denuncia pola subtracción dun bolso coa carteira no interior a unha das pacientes ingresadas nun dos cuartos do centro hospitalario, mentres lle practicaban unha proba médica.
A raíz das denuncias iniciáronse as investigacións para tratar de descubrir a identidade do presunto autor dos feitos. Os axentes procederon á identificación da muller tras preguntarlle pola procedencia Unha vez recuperados tres dos selos subtraídos ademais dun teléfono móbil os axentes entregáronllo aos seus lexítimos propietarios. Por todo iso os axentes procederon á detención da muller por un delito de furto.