Fin de semana festiva en Cerdedo-Cotobade coas celebracións de San Xusto e San Pastor
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e membros a Comisión de Festas presentaron o programa da Festa da Carballeira de San Xusto e San Pastor que terá lugar os días 5 e 6 de agosto.
Un dos principais atractivos destas celebracións será o concerto que ofrecerá a cantante portuguesa María do Ceo na Carballeira de San Xusto a noite do venres 5 (0.00 horas do sábado 6).
Antes o programa festivo arrincará cunha misa na capela de Lixó, na honra á Virxe das Neves ás 13.00 horas, seguida dunha procesión acompañada polo grupo Foula. Ademais ás 19.00 horas terá lugar outra procesión desde a Igrexa Parroquial acompañada pola Banda de Música de Cerdedo e ás 20.00 horas esta mesma agrupación musical protagonizará un concerto.
Por último a xornada de venres contará cunha gran churrascada veciñal ás 22.00 horas e a presenza das orquestras Galaxia e Amazonas.
No que respecta ao sábado 6 de agosto, celebraranse varios actos relixiosos na Capela de San Xusto, que comezarán ás 13.00 horas cunha misa solemne en honra de San Xusto e San Pastor, con procesión. Ás 14.00 horas terá lugar a actuación do grupo folclórico Os Trazantes de Tenorio e pola noite, ás 22.30 horas, haberá unha sesión de narración oral e música acargo de Rilo & Penadique. Pola noite, o programa prevé a celegraciónde unha verbena a cargo de Disco Móbil e o trío musical River.
"Hai que felicitar e agradecer tanto á veciñanza o apoio á comisión de festas e aos organizadores que decidiran asumir a responsabilidade de dar un paso adiante para que estas festas non so mantéñanse senón que melloren na medidas das súas posibilidades. Agora o importante é que todo o mundo acuda e goce das actividades e do programa festivo", sinalou na presentación o alcalde, Jorge Cubela.
Relacionadas:
-
Queimada en Chamadoira polas festas de San Bartolomé
Por Redacción |
-
Pazos de Borela vivirá este sábado unha xornada festiva na honra de San Roque e San Antón
Por Redacción |
-
Festas en Almofrei na honra de San Lourenzo e San Roque
Por Redacción |
-
Churrascada veciñal nas parroquias de Borela e Caroi nesta fin de semana festiva
Por Redacción |