Os socorristas das praias de Sanxenxo tiveron 6.722 intervencións en xullo
Por Redacción
O servizo de Salvamento e Socorrismo realizou un total de 6.722 intervencións durante o pasado mes de xullo nos 17 areais con bandeira azul do municipio de Sanxenxo. Un total de 80 efectivos encargáronse da vixilancia por terra e mar das praias de Sanxenxo.
Ata 1.913 bañistas precisaron a atención do servizo por picaduras de faneca. As praias con máis incidencias deste tipo foron Silgar (441), Areas (318), Montalvo (324) e Canelas (203). En mar, a embarcación de socorrismo realizou un total de 734 avisos por infraccións de embarcacións. Unha vez máis, Silgar volve ser a praia que rexistra o maior número destas advertencias (440) seguida de Canelas (156) e Montalvo).
Coincidindo co primeiro verán de entrada en vigor da ordenanza de praias, os socorristas realizaron un total de 840 avisos sobre incumprimentos do regulamento, sendo Montalvo (145) e Baltar (122) os areais cun maior número de advertencias sobre a normativa.
Nas estatísticas do mes de xullo, as picaduras de insecto (106) xunto coas feridas (50) as outras dúas intervencións máis repetidas durante as xornadas de praia en Sanxenxo. En canto aos rescates acuáticos, o servizo realizou un total de 13 en Silgar, Montalvo, Area de Agra, Lapa e Canelas. Tamén se realizaron 25 avisos por situacións perigosas provocadas por saltos desde rocas ou lugares elevados e 38 avisos por pescar en zonas de baño. A recollida de residuos obrigou a actuar ata en 1.190 casos ao servizo.
O horario do servizo de salvamento e socorrismo nas praias en de 12 a 20 horas nas A Lapa, Area de Agra, Areas, Areas Gordas, Baltar, Bascuas, Canelas, Caneliñas, Espiñeiro, Foxos, Major, Montalvo, Nosa Señora da Lanzada, Panadeira, Paxariñas e Pragueira. En Silgar, o horario é de 11:30 horas a 20:30 horas, por primeira vez, este ano debido a que é o areal máis concorrido do municipio.
Relacionadas:
-
Sanxenxo preséntase no congreso de bandeiras azuis de Canarias como municipio de referencia
Por Redacción |
-
Os socorristas de Xiorto e Cabeceira pecharon a tempada estival con máis de 700 intervencións
Por Redacción |
-
Os socorristas de Xiorto e Cabeceira atenderon 280 incidencias en xullo
Por Redacción |
-
As festas de Portonovo contarán co DJ Kiko Rivera e a cantante Soraya Arnelas
Por Redacción |
-
O patrón dun veleiro fondeado en Pragueira resulta ferido ao manipular unha áncora
Por Redacción |
-
Os socorristas de Marín atenderon 272 picaduras de faneca no mes de xullo
Por Oskar Viéitez |
-
Susto en Canelas ante as dificultades para extraer un neno dun buraco na area
Por Redacción |