A Garda Civil detivo os encapuchados que asaltaron un ancián nunha casa de Chancelas
Por Redacción
A Garda Civil detivo a M.R.A., de 25 anos de idade e veciña de Caldas de Reis, a M.M.R., de 30 anos e a C.R.S., de 25, ambos os dous veciños de Pontevedra e como supostos autores dos delitos de roubo con violencia e intimidación, violación de morada, danos e lesións nunha vivenda de Poio.
Sobre as 00:00 horas do mércores a Garda Civil tivo coñecemento da comisión dun delito de roubo con violencia e intimidación nun domicilio de Chancelas, onde dous varóns co rostro cuberto acceden ao interior da devandita vivenda tras forzar a porta de entrada, golpeando e ameazando de morte os seus moradores se non lle entregaban o diñeiro.
O propietario da vivenda, de idade avanzada, sufriu lesións ao ser golpeado cunha cadeira na cabeza
O propietario da vivenda, de idade avanzada e que sufriu lesións ao ser golpeado cunha cadeira na cabeza así como múltiples traumatismos, sendo evacuado nunha ambulancia ao hospital de Montecelo, lle entregou o diñeiro que gardaba no seu dormitorio.
A asistenta, tamén moradora da vivenda, resultou con lesións leves ao ser golpeada no peito en diversas ocasións.
Por todo iso, a Garda Civil activou o correspondente operativo para a localización dos supostos autores deste feito delituoso, dando como resultado a detención de M.M.R. ás 01:00 horas do mesmo día nun bar de Barro, procedendo á súa condución ás dependencias oficiais desta Comandancia.
Posteriormente, continuando coas investigacións levouse a cabo a detención de M.R.A. e de C.R.S., como coautores destes feitos delituosos.
No trascurso da instrución das dilixencias os axentes do Instituto Armado puideron constatar que M.R.A. e M.M.R., o pasado día 8 do actual, despois de contactar días antes co propietario da vivenda e gañar a confianza deste, nunha das visitas a este domicilio aproveitaron para apoderarse da cartilla do banco, ademais de colonias, para despois da falsificación da firma retirar 1.200 euros da conta da vítima. Polo que se lle imputan a estes dous tamén os delitos de estafa bancaria, falsidade documental e falta de furto en vivenda habitada.
Os detidos, que contan con antecedentes policiais salvo C.R.S., serán postos a disposición do Xulgado de Instrución número dous de Pontevedra.