COGAMI busca alumnado para curso de expendedor de combustible que impartirá en Cuntis
Por Redacción
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) desenvolverá durante o mes de setembro no concello de Cuntis un curso de Expendedor de Combustible e Manipulación de Alimentos dirixido a persoas que teñen recoñecida a discapacidade ou a incapacidade laboral para a profesión habitual.
Esta formación constará dunha parte teórica, que se desenvolverá dende o día 23 ata o 30 de setembro en horario de 9 a 14 horas, e unha parte práctica impartida con data do 3 ata o 28 de outubro en estacións de servizo situadas preto das zonas próximas ao lugar de residencia do alumnado.
En total, esta formación comprenderá 100 horas lectivas, 30 teóricas e 70 prácticas, nas que se impartirán contidos distribuídos en 5 unidades didácticas e relacionados con temas como: a atención ao público e servizos ofertados pola estación de servizos; o funcionamento da estación de servizos, surtidores e limpeza; informática e medios de pagamento nas estacións de servizo; prevención de riscos en estacións de servizo e manipulación de alimentos.
As persoas interesadas nesta formación poden poñerse en contacto co servizo de emprego de COGAMI en Pontevedra, chamando ao teléfono 986 863 709.
Relacionadas:
-
Cogami imparte en Cuntis un curso de expendedor de combustible para 12 persoas con discapacidade
Por Redacción |
-
Nuria Cruz, presidenta de Alcer Pontevedra e transplantada de ril: "Un só doante salva sete vidas"
Por Diana Eiras & María José Pita |
-
Denuncian a "desesperante espera" das persoas con discapacidade para ter unha valoración axeitada
Por Oskar Viéitez |