Abren na Calzada as casetas de 44 adegas pola Festa do Albariño
Por Redacción
Á unha e media da tarde abríronse as casetas de degustación popular na Calzada, unha das actividades principais da LXX Festa do Albariño.
Ao acto acudiron o conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, entre outras autoridades, encabezas polo alcalde Samuel Lago, e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil de Araújo.
Cambados tamén gozará este mércores do concerto de Beny Jr e Morad, que esgotaron as entradas postas á venda co que encherán a praza de Fefiñáns, do mesmo xeito que este martes fixeron as Tanxugueiras nun concerto gratuíto incluído no programa Musigal da Deputación.
En total instaláronse 42 casetas que permanecerán abertas ata o domingo coa oferta de 44 adegas de viños monovarietales, espumosos e outras elaboracións.
O prezo mínimo é de 2,5 e 10 euros por copa e botella, respectivamente, pero este pode aumentar se se elixe algún marca da casa máis especial.
O horario de apertura é de mediodía e ata as tres da madrugada.