A Festa do Viño de Vilaboa apostou polo produto local
Por Redacción
O Concello de Vilaboa destacou que "a IX Festa do Viño de Vilaboa evidenciou durante a fin de semana a calidade dos caldos elaborados no municipio e na contorna" e converteuse nun "excelente escaparate" para promocionar e dar a coñecer o traballo tanto das adegas adscritas á IXP Ribeiras do Morrazo como dos viticultores locais.
O goberno local, promotor do evento, confía en que cada vez se sumen máis expositores a unha festa que busca por en valor a produción local e defender os valores artesanais das producións pequenas.
Carmen Gallego, concelleira de Promoción Económica, destaca a profesionalidade do panel de cata, integrado nesta edición da Festa por profesionais do sector vitivinícola, sumillers e persoas de relevancia a nivel galego no mundo do viño.
A Festa contou con dúas catas, una da IXP Ribeiras do Morrazo, que otorgou dous ouros para Adega Ardán de Marín e para Adega dos Areeiros de Vilaboa; e dous bronces, un para o albariño Quereres do Hío, da adega Videiras do Mar de Cangas e outra para o godello Cen Polas, da adega Reboraina, en Redondela. Nos tintos, a cata da IXP Ribeiras do Morrazo otorgou dous ouros aos viños Porta do Conde (caíño) da adega Ardán e a Adega Areeiros (mencía, caíño e sousón); mentras que o bronce foi para Viñas del Monasterio, un viño elaborado no mosteiro de Poio.
As mencións da cata dos viticultores foron en blancos para Manuel Conde Conde e para Manuel Collazo, e nos tintos para Jesús Amoedo.
Os premios e mencións foron entregados no recinto da Festa, en Riomaior, polo alcalde de Vilaboa, César Poza, e o pregoeiro da mesma, Terio Carrera, nun acto sinxelo no que o rexedor municipal emplazou aos asistentes a apostar polo produto local, a poñer en valor as adegas da contorna e a calidade dos seus viños. "Si coa Festa do Mar que celebramos o mes pasado comprobamos que o nivel do noso produto e do sector hostaleiro e gastronómico é moi alto, esta Festa do Viño evidencia que Vilaboa tamén ten moito que decir no mundo do viño. Desde o Concello seguiremos a traballar conxuntamente cos viticultores e as adegas locais para consolidar este evento como un expositor de calidade que contribúa a abrir mercado", dixo o alcalde.
Relacionadas:
-
Vilaboa adianta a Festa do Mar a abril e a Festa do Viño a maio
Por Redacción |
-
Cinco catadores profesionais para avaliar aos participantes da IX Festa do Viño de Vilaboa
Por Redacción |
-
Sete viticultores locais e cinco adegas do Morrazo participarán na Festa do Viño de Vilaboa
Por Redacción |
-
Os viños de Ribeiras do Morrazo exhiben a súa calidade en Marín
Por Redacción |