O PP demanda a adhesión de Pontevedra ao proxecto que permite crear empresas en 3 días
Por Redacción
Jacobo Moreira, voceiro do Partido Popular no Concello presentará no próximo pleno da corporación unha iniciativa para que Pontevedra se adhire ao programa Emprende en 3, o sistema que reduce a creación de empresas a tres días utilizando as plataformas tecnolóxicas existentes e a simplificación de trámites.
Segundo Moreira, a idea do PP pontevedrés é que a cidade se sume a esta iniciativa da Administración Central e da Federación Española de Municipios e Provincias para reactivar a "deprimida economía local".
Por este motivo reclama que se convoque ao Consello Económico e Social que non se reúne dende xaneiro de 2012 para tratar o grave problema do desemprego antes de pechar o presuposto para o 2014. Moreira indica que "a creación de emprego e a reactivación da actividade económica teñen que ser os eixos dese futuro orzamento municipal se queremos que Pontevedra abandone algún día esa lamentable posición rechamante nas estatísticas do paro".