Intervención en Poio para adaptar á normativa as prazas para persoas con mobilidade reducida
Por Redacción
O Concello de Poio iniciou esta semana unha serie de actuacións para adaptar á normativa vixente as prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida que existen no municipio.
Estes traballos se acoeten despois de manter en datas recentes unha reunión de traballo coa Asociación Amizade, na que o goberno local comprometeuse a impulsar inciativas que sirvan para concienciar á sociedade sobre o bo uso destas prazas.
A actuación comezou polas prazas situadas nas rúas Valiña, Benigno Esperón, Antelo, Mariño e Rosalía de Castro.
Ademais "seguiremos actuando en outras zonas do Concello como Avenida A Barca, Avenida Andurique, Avenida Porteliña e Avenida San Xoán, a fin de ir mellorando e anulando as barreiras existentes", sinalou respecto diso a concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas.
Unha vez acometidas as melloras de accesibilidade está previsto que se proceda a un repintado das prazas e á colocación de sinalización vertical.