O alcalde de Campo Lameiro pide o apoio da Xunta en novos proxectos investidores
Por Redacción
O delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, e o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, mantiveron unha xuntanza de traballo na sede da Delegación na capital da provincia para impulsar novos proxectos investidores no municipio e facer seguimento das iniciativas postas en marcha polas distintas consellerías en colaboración co propio Concello.
Tanto Luís López como o alcalde Carlos Costa valoraron moi positivamente o encontro que xirou en torno a proxectos relacionados coas necesidades do concello de Campo Lameiro en materia de saneamento, mellora de infraestruturas viarias, así como a implicación da administración autonómica, como colaboradora, en actuacións que pretende levar a cabo o Concello en temas relacionados coa posta en valor do patrimonio arqueolóxico, etnográfico e medioambiental, entre outros.
Costa expúsolle ao Delegado Territorial as necesidades do municipio e as novas actuacións que levará en breve o Concello en materia relacionada coa promoción turística, cultural, posta en valor do patrimonio arqueolóxico e medioambiental así como diversas iniciativas lúdicas e turísticas que buscan a dinamización económica e social do municipio e que precisan contar coa colaboración da Xunta de Galicia.
O alcalde de Campo Lameiro sinalou que saía da xuntanza "moi animado" despois de comprobar a "boa sintonía e a receptividade" atopada no delegado Territorial da Xunta en Pontevedra para "facer seguemento de proxectos comprometidos coa administración autonómica".
Luís López manifestou que "a Xunta ten claro o seu compromiso con concellos dinámicos e modestos que presentan proxectos e que abren vías de colaboración coa administración autonómica".
Ambos responsables políticos emprazáronse para unha seguinte xuntanza co fin de ir perfilando os proxectos obxecto da reunión e comprobar a marcha das actuacións xa previstas e comprometidas con diversas consellerías.
Relacionadas:
-
Comeza a construción da nova rede de saneamento de Reboredo
Por Redacción |
-
Rexistran duascentas alegacións contra o parque eólico de Greenalia en Campo Lameiro
Por Redacción |
-
A feira multisectorial de Campo Lameiro anima un caloroso día no municipio
Por Redacción |
-
Tres anos de traballo para previr condutas aditivas en Cuntis, Moraña, Portas, Barro e Campo Lameiro con 30 accións executadas
Por Redacción |
-
O rexeitamento aos parques eólicos tamén saca á rúa á veciñanza de Campo Lameiro
Por Redacción |
-
Produtos da terra e exaltación do augardente na I Feira Multisectorial de Campo Lameiro
Por Redacción |