Os máis cativos da Lama aprenden a facer un consumo responsable e san dos xoguetes
Por Redacción
O programa 'Lecer consumo. Este verán súmate ao consumo responsable e san!' chegou este venres ao Concello da Lama, onde nenos e nenas desfrutaron de varias actividades relacionadas coa aprendizaxe, o consumo responsable ou a importancia á hora de escoller os xoguetes para o entretemento.
A actividade foi posta en marcha pola Escola Galega de Consumo e o Concello coa intención de orientar de forma pedagóxica e colaborativa a través de exercicios lúdicos e participativos de todos os cativos de entre 3 e 6 anos.
A través do concepto de 'lecer responsable', a Escola Galega de Consumo traballa diversas temáticas relacionadas co consumo responsable: a publicidade, a alimentación sa e equilibrada, a etiquetaxe ou as TIC.
Neste caso, as necesidades e intereses se adaptaron aos nenos da Lama e se fixo unha actividade específica baixo o título 'Xogueteando: un lecer diferente!', que consistiu na narración dun conto animado para promover un consumo responsable e un lecer activo, alternativo e sen consumo. Para clausurar a xornada os nenos e nenas crearon o seu propio xoguete en forma de bolboreta cos seus nomes.