O Concello de Poio dá a coñecer o proxecto do Parque de Rosalía de Castro

Por Redacción
O Concello de Poio deu a coñecer os detalles do proxecto que desde a Concellería de Medio Ambiente, dirixida polo nacionalista Xosé Luís Martínez, se pretende acometer para mellorar as instalacións do parque infantil de Rosalía de Castro, situado na contorna de Ferreirós, na parroquia de San Salvador.
Colocáronse uns paneis informativos para achegar información á veciñanza.
Esta actuación atópase en fase de tramitación, logo de que a Xunta de Goberno Local aprobase este martes o expediente de contratación que contén o prego de cláusulas administrativas, por procedemento aberto simplificado.
O Concello lembra que esta obra aspira non só a renovar esta infraestrutura, moi utilizada polas crianzas da contorna, senón tamén para dotala dunha cuberta, que permitiría o seu uso durante épocas de chuvia, evitando tamén a exposición ao sol nos días de máis calor.
As obras financiaranse a cargo da Liña 1 do Plan Concellos, impulsado pola Deputación de Pontevedra e contarán cun orzamento que roza os 180.000 euros.
Tal e como consta na memoria técnica, a actuación non se limitaría exclusivamente á dotación da cuberta, senón que tamén se contemplan outras melloras adicionais, como a renovación da superficie e a dotación de novos elementos de xogo, completando deste xeito a modernización da infraestrutura.
O Concelleiro de Medio Ambiente lembra que "estamos a traballar coa máxima celeridade na tramitación para iniciar os traballos canto antes".
Relacionadas:
-
Inicio da reforma integral do parque infantil de Rosalía de Castro
Por Redacción |
-
A cidadanía participará de xeito directo na elaboración da 'axenda urbana' cos retos do futuro da cidade
Por Natalia Puga |
-
Os retos de futuro que Pontevedra plasmará na súa axenda urbana
Por Alejandro Espiño |
-
O parque infantil do Casal de Ferreirós será renovado e terá unha cuberta
Por Redacción |
-
Árbores poéticos para conmemorar a Rosalía de Castro en Ferreirós
Por Redacción |