Graffitis e natureza mestúranse en Ponteverán arredor do río Gafos e do Camiño Portugués
Por Redacción
Lecer, socialización, aprendizaxe e concienciación sobre a natureza configuran algúns dos elementos que un grupo de escolares, con idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos, experimentaron durante a xornada deste venres 29 de xullo dentro da campaña Ponteverán do Concello de Pontevedra.
Nesta cita, a acción desenvolveuse na contorna do río Gafos e do Camiño Portugués a Santiago con actividades vinculadas ao grafiti e ao coidado e entendemento da natureza. Ata a zona achegábase o concelleiro responsable da área de Xuventude, Alberto Oubiña.
O grafitero pontevedrés O'Ras exerceu de mestre e guía ocasional pola parroquia de Tomeza, seguindo o roteiro marcado polo Camiño de Santiago na súa variante portuguesa. Durante o traxecto coloreó unha caseta e unha tubaxe que se atopa por encima do leito do río para mellorar a imaxe da contorna. A primeira xa se atopa visible cunha imaxe de árbores con herba alta, mentres que o caño converterase nun tronco caído grazas á súa recreación.
Dentro das accións previstas en Ponteverán está previsto unha actividade de dendrocronoloxía, proposta que incrementou as prazas ante a elevada demanda. Tamén vai levarse a cabo unha actividade de observación de morcegos. En todas estas iniciativas foi necesario sortear as prazas debido ao alto número de peticións, segundo indican desde a concellería de Xuventude.
Relacionadas:
-
Vaipolorío prepara para este domingo 28 a última xornada de limpeza do río Gafos
Por Redacción |
-
Recollidos 75 quilos de lixo dos Gafos no terceiro día de limpeza de Vaipolorío
Por Redacción |
-
Nova limpeza e novo graffiti para combater o "feísmo" arredor do río Gafos
Por Redacción |
-
O Local de Música convértese nun teatro grazas ao Ponteverán
Por Redacción |
-
O Ponteverán potencia as súas actividades e incrementa nun 80% as súas prazas
Por Oskar Viéitez |
-
Oubiña valora como un éxito o desenvolvemento das actividades de PonteVerán
Por Redacción |