Pedro de Lorenzo, novo Cabaleiro de Honra da Irmandade Ruta Xacobea Alemá
Por Redacción
O Mosteiro de Poio celebrou este martes unha singular cerimonia na que o escritor e filósofo pontevedrés Pedro de Lorenzo y Macías foi distinguido como Cabaleiro de Honra do castelo Mudzborgh e do Santo Apóstolo Santiago.
Trátase dun recoñecemento que entrega anualmente a Irmandade Ruta Xacobea Alemá a persoas consideradas como de interese social e Pedro de Lorenzo é o segundo español que a recibe por “as súas publicacións sobre a cultura de diferentes pobos”, indica a organización.
A Irmandade de Mudzborg, unha das máis antigas de Alemaña relacionada coa devoción ao Apóstolo Santiago e o Camiño, foi fundada no ano 1182 polo duque Enrique de León e na actualidade é un dos colectivos máis activos en relación á difusión dos valores da Ruta Xacobeo neste país.
Foi unha cerimonia sinxela que incluíu unha invocación á Virxe da Mercé e na que Luís Jesús ‘Chicho’ Raposo interpretou a Salve Regina gregoriana. Ademais da delegación alemá, encabezada polo chanceler da Orde Bruderschaft der Mudzborgh, actuou como traductor Juan Carlos Blanco, e participaron no acto o pai superior do mosteiro de Poio, Arsenio Rodríguez e Ildefonso de la Campa Montenegro, o director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago,
Tras a imposición desta distinción interveu o propio Pedro de Lorenzo y Macías e, a continuación, tivo lugar unha visita ao mosteiro e posteriormente celebrouse unha comida de confraternidade.