Aprobadas as contas do exercicio 2021 na Lama con superávit
Por Redacción
O Pleno da Corporación Municipal da Lama aprobou as contas do exercicio 2021 que achegan un superávit contable de 121.657,47 euros, un remanente de crédito de 1.063.467,17 euros, un remanente de tesourería para gastos de financiación afectada de 409.451,96 euros e outro para gastos xerais de 184.711,31 euros.
O alcalde Jorge Canda defendeu ante o Pleno a xestión realizada así como o nivel de solvencia económica que ten o Concello da Lama, xa que atende as súas obrigas nun prazo moi inferior ao máximo fixado pola lexislación aplicada pola Lei Reguladora das Facendas Locais.
Por outra banda, o Pleno aprobou tamén por unanimidade a incorporación da parcela número 3 do polígono industrial de Racelo ao inventario de bens municipais, un espazo que fora utilizado pola antiga cementeira e que está previsto que poida albergar o parque de vehículos e o garaxe do Concello.
No mesmo Pleno, en canto aos festivos locais para o ano 2023, a Corporación aprobou designar o 27 de xullo e o 4 de agosto.
Finalmente, a Corporación aprobou por unanimidade dos presentes (7 concelleiros do PPdeG e uno de Ciudadanos) unha moción presentada polo Partido Popular na que se sometía a acordo dos edís unha declaración en contra da construción de senllos encoros nos ríos Verdugo e Oitavén como propón nalgunha das súas alternativas o estudio realizado por encargo da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
Relacionadas:
-
O Ministerio de Facenda 'levanta' o plan de axuste ao que estaba sometido Sanxenxo desde 2012
Por Redacción |
-
Aprobadas as contas do 2020 na Lama cun remanente de tesourería de medio millón de euros
Por Redacción |
-
A Lama ten un remanente de tesourería de 642.000 euros
Por Redacción |
-
O Concello da Lama tarda nove días en pagar as súas facturas
Por Redacción |