Reabre o aparcamento disuasorio situado fronte ao Hotel Terraza de Sanxenxo
Por Redacción
A alta asistencia de visitantes converte durante o período estival a Sanxenxo nun lugar onde resulta complicado atopar prazas de aparcamento.
Ante esta situación, o Concello anunciou a reapertura do aparcadoiro disuasorio situada fronte ao Hotel Terraza.
O aparcamento estará dispoñible desde este sábado 26 de xullo, tras chegar o goberno local a un acordo cos propietarios do terreo para poder utlizarlo durante todo o verán.
Este terreo conta cunha capacidade aproximada de 250 vehículos.