Marín, a vila onde as "rúas" son "calles"
Por Anxo Lourido
A Asociación Queremos Galego Marín presentou un escrito no rexistro do concello de Marín no que mostra o seu rexeitamento ante a sinalización que colocou nas rúas Pumariño e Cortiña da Bouza nas que se incumpre a ordenanza de normalización lingüística do Concello e a Lei de Normalización Lingüística.
Dende este colectivo consideran que a administración municipal, desta forma, non está a velar e fomenta o uso do galego. Ademais, dende esta asociación comprobaron que durante unha inspección por esa zona se encontraron outras sinalizacións en castelán.
Segundo sinalan, a Lei de Normalización Lingüística establece que o Goberno galego e as Corporacións Locales dentro do seu ámbito fomentarán a normalización do uso do galego nas distintas actividades. O mesmo, indican, sucede coa ordenanza municipal que no seu artigo XX establece que os rótulos e as sinalizacións das redes viarias dependentes do Concello serán redactados en idioma galego cinguíndose sempre á normativa oficial.
O colectivo denuncia tamén que existe numerosa documentación que emprega e expide o concello de Marín, como o certificado de empadroamento, que está redactado exclusivamente en español.
Queremos Galego Marín demanda unha inmediata corrección e colocación das sinalizacións que incumpren a normativo e a tradución de toda a documentación.