O compromiso de Ence con Galicia: bioeconomía, desenvolvemento do rural, creación de emprego e xestión sostible
O cambio climático é un dos grandes retos aos que se enfronta o planeta. A sociedade demanda unha resposta eficiente de gobernos e industrias, cun novo modelo económico de produción e consumo.
O sistema de produción tradicional e lineal, sen unha visión a longo prazo, no que extraemos, producimos, consumimos e refugamos é pouco sostible para o planeta. Fronte a ese modelo, a "economía verde" achega solucións a partir dos seus procesos produtivos sostibles e circulares.
Neste escenario, a bioeconomía e a economía circular teñen un obxectivo común: un modo de produción máis sostible e eficiente no uso dos recursos, cunha baixa pegada de carbono.
Para Ence a sustentabilidade é unha prioridade estratéxica. As súas biofábricas promoven un modelo de negocio que contribúe á economía circular, fomenta a minimización e a reutilización das materias primas e basea a súa actividade na fabricación de produtos renovables e reciclables, así como na xeración de enerxía renovable. Todo iso desde o máximo respecto ao medioambiente aplicando os sistemas de xestión máis avanzados e responsables.
DINAMIZACIÓN DO RURAL GALLEGO
A actividade forestal é un dos motores da economía galega. En Galicia prodúcese máis da metade da madeira de toda España, cuxa explotación eficiente e sostible é unha garantía de futuro para asentar poboación e dinamizar a economía rural.
As biofábricas de Ence, ao incorporar un criterio de compra de madeira de proximidade como materia prima para a subministración de celulosa, inciden en multitude de pequenas empresas provedoras e de servizos que reforzan o tecido empresarial de pemes e autónomos no rural.
No último ano Ence inxectou máis de 190 millóns no rural galego
No último ano Ence inxectou máis de 190 millóns no rural galego. Esta contía engloba a achega directa en compras de madeira e biomasa ás familias e comunidades de montes de Galicia, onde a propiedade forestal está fortemente socializada, ademais dos investimentos realizados en plantacións, mantemento e limpezas forestais nos terreos. Todas estas tarefas implican, á súa vez, a un gran número de pequenas empresas e traballadores.
Deste xeito, Ence contribúe ao emprego no medio rural, achegando actividade ao sector forestal e loxístico, e contribuíndo á fixación de poboación nas contornas nas que opera. Ao mesmo tempo, como parte do seu compromiso coa sustentabilidade, impulsa unha xestión forestal sostible, que ademais de usar madeiras de proximidade fomenta a plantación de bosques de crecemento rápido que son grandes consumidores de dióxido de carbono, cuxa redución é un dos obxectivos do proceso de descarbonización enerxética.
BIOECONOMÍA CIRCULAR EN GALICIA
Como parte da súa aposta por Galicia, Ence anunciou que estuda poñer en marcha nas Pontes (A Coruña) unha bioplanta que complementará a actividade da biofábrica de Pontevedra. Esta instalación, que desenvolverá unha actividade autónoma e independente, non será unha planta de celulosa. Tratarase dunha innovadora bioplanta para a produción de fibra reciclada e biomateriais a partir de cartón e papel recuperado e da celulosa.
Desta maneira, a compañía "completa o círculo" da bioeconomía circular en Galicia, dentro do seu compromiso con esta comunidade e na súa aposta pola xeración de riqueza e emprego sostibles nela.
Ence estuda poñer en marcha nas Pontes unha bioplanta que complementará a actividade da biofábrica de Pontevedra
Este proxecto punteiro supoñerá un investimento conxunto de preto de 355 M€ e a creación duns 1.190 postos de traballo (150 directos, 400 indirectos e 636 inducidos). A bioplanta converterá a zona nun enclave estratéxico para a bioeconomía en Galicia, constituíndose nun exemplo paradigmático de Transición Xusta na comunidade. Así, esta iniciativa afonda na mesma liña doutros proxectos da compañía para reconverter plantas vinculadas á vella economía en instalacións da nova bioeconomía circular.
As fibras naturais que fabricará esta bioplanta serán obtidas nun 80% de papel e cartón recuperado, nun proceso plenamente respectuoso co medioambiente, no que se branqueará cun innovador proceso ecoeficiente e libre de cloro. O 20% restante vaise dedicar á produción de papel para produtos hixiénicos e rolos de papel recuperado. A compañía estuda colaborar con empresas galegas do sector como parte dun Polo Industrial de Economía Circular en Galicia.
O proceso será plenamente sostible de principio a fin, baseado na reutilización e minimización do uso de recursos naturais. Ademais, a bioplanta será autosuficiente energéticamente e a produción de papel será totalmente exenta de carbono. Non se utilizarán combustibles fósiles en ningún paso do proceso, o que reforza o carácter punteiro desta instalación.
XESTIÓN RECOÑECIDA INTERNACIONALMENTE
O proceso de produción da celulosa de Ence Pontevedra é respectuoso co medioambiente. Trátase dunha pasta de papel sostible da máxima calidade, obtida a partir de madeira certificada pola súa Cadea de Custodia e a Xestión Forestal Sostible baixo os estándares FSC (Forest Stewardship Council) e PEFC (Programme for the Endorsement of Forest Certification) e branqueada a través dun proceso totalmente libre de cloro.
Neste sentido, a actividade de produción de celulosa da biofábrica tamén foi recoñecida coa Certificación AENOR Residuo Cero, o selo ambiental que acredita que a compañía leva a cabo unha xestión eficiente dos seus residuos, e que é capaz de valorizalos, propiciando o seu aproveitamento para darlles unha nova vida dentro do seu proceso de produción, un claro exemplo de economía circular.
Ademais, a biofábrica de Pontevedra atesoura diversos recoñecementos internacionais que distinguen a súa excelencia ambiental e a súa contribución á economía circular. Entre eles, a etiqueta ecológica Nordic Swan – ecoetiqueta oficial dos países nórdicos – por cumprir cos criterios máis esixentes de respecto ambiental e a distinción Ouro da Comisión Europea, en recoñecemento á súa mellora ambiental nos últimos 15 anos.
Relacionadas:
-
O papel da xestión forestal sostible na economía dos pequenos propietarios galegos
Por Noticia patrocinada |
-
A madeira galega contribúe estratexicamente á bioeconomía circular e sostible
Por Noticia patrocinada |
-
Ence aposta polo I+D+i para o desenvolvemento de produtos sostibles
Por Noticia patrocinada |
-
A celulosa de Ence contribúe a dar resposta a un consumidor cada vez máis concienciado co medioambiente
Por Noticia patrocinada |
-
Ence contribúe a impulsar o papel da muller rural na economía forestal de Galicia
Por Noticia patrocinada |
-
A recuperación do rural a través de tres experiencias vinculadas ao sector forestal
Por Noticia patrocinada |