O PP faise eco de peticións veciñais e reclama á Xunta o arranxo da ponte medieval de Ponte Sampaio
Por Redacción
O PP de Pontevedra faise eco de de demandas veciñais que esixen a posta en valor e arranxo da ponte sobre o río Verdugo na parroquia de Ponte Sampaio. Facendo súas as reclamacións, piden á Xunta de Galicia, titular da infraestrutura, que acometa melloras.
O portavoz do PP, Rafa Domínguez, visitou a ponte acompañada polo presidente da Asociación de Veciños Heroes de Pontesampaio 1809, Ramón Agulla, e o concelleiro 'popular' do rural, Martín Martínez, para coñecer a situación da infraestrutura.
Tras a visita, Domínguez cualificou que é "de xustiza" pedir á Xunta "que poña en marcha un plan integral de humanización da ponte, tal e como demandan os veciños".
Así, faise eco das afirmacións desta asociación veciñal que sinalan que a ponte é "un símbolo tanto da parroquia, como da cidade e mesmo de Galicia".
Domínguez destaca que se trata do primeiro acceso ao municipio para os peregrinos que cada día pasan pola nosa cidade percorrendo o Camiño de Santiago, na súa variante portuguesa, e que é de vital importancia que unha edificación destas características, que significa tanto para a cidade, "sexa sometida a un labor de mellora e posta valor".
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez anuncia visitas periódicas a todas as parroquias do rural
Por Redacción |
-
Un accidente en Ponte Sampaio provoca a caída de pedras do petril da ponte medieval
Por Anxo Lourido |
-
Seis anos pendentes de Costas en Ponte Sampaio: a falta de permisos impide mesmo mellorar o parque infantil
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Veciños de Ponte Sampaio denuncian o "abandono" da zona do antigo campo de fútbol da Xunqueira
Por Redacción |
-
Héroes de Ponte Sampaio denuncia o abandono da Illa de Medal
Por Redacción |