A oposición lamenta que a imputación da alcaldesa "ensucie" a imaxe de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
A supresión da Xerencia de Urbanismo figuraba como terceiro punto na Orde do día do Pleno do luns e contaba co apoio de todos os grupos municipais. Pero máis alá da unanimidade sobre a cuestión de fondo, a oposición aproveitou este escenario para abrir un debate sobre a imputación xudicial da alcaldesa polos delitos de suborno, tráfico de influencias e prevaricación.
O primeiro en abrir fogo foi o voceiro de Sanxenxo Agrupación Liberal (SAL), Gonzalo Pita, quen pediu oficialmente a dimisión de Catalina González como rexedora, "le rogamos que dimita" dixo, criticando o "victimismo" mostrado ante a prensa "con insinuaciones varias y la maldad que le caracteriza" e invitou á alcaldesa a que explique ante o xuíz "lo que tenga que decir" respecto a aquelas "conspiraciones de las que crea ser víctima".
"Creemos en la presunción de inocencia pero no nos podemos callar porque lo que se daña es la imagen de Sanxenxo", remachou Pita. Con este último argumento iniciou a súa quenda de palabra Dulcinea Aguín, voceiro do Partido Socialista "somos la imagen de la corrupción a nivel nacional", reprochou para esixir a dimisión da alcaldesa. E aconselloulle "defiéndase usted y no salpique a otros que no están en la Corporación".
Dulcinea Aguín tamén fixo referencia ao concelleiro José Luis Rodríguez, de Veciños Independentes por Sanxenxo (VIP), socio de goberno do Partido Popular no goberno local "si pudiera mantener la nómina rompiendo el pacto de gobierno, usted rompería el pacto".
A réplica do aludido non se fixo esperar e inmediatamente José Luis Rodríguez esixiu respecto "a esa señora que vive en una vivienda ilegal", dixo dirixíndose á edil socialista á que responsabilizou que non fose posible configurar unha alternativa de goberno ao Partido Popular "porque usted no es compatible con nada, ni con sus propios compañeros".
Pechou o voceiro do Bloque Nacionalista Galego a quenda de intervencións. David Otero, incidiu en que os delitos que investiga o Xulgado de Cambados son "sumamente graves" e sinaloulle á alcaldesa "vostede arrastra a imaxe de Sanxenxo polo máis fondo que se pode imaxinar" e lamentou que coa supresión da Xerencia todas as competencias de Urbanismo "quedarán nas mans dos que agora están imputados" polo que aventurou que "será imposible xestionar nada no próximo ano e medio". Finalmente tamén pediu a dimisión a González Bea "e logo acenda o ventilador e salpique quen queira".
Por parte do Partido Popular interveu a concelleira de urbanismo, María Deza, que tras pedir "respecto" á presunción de inocencia censurou a "facilidade" coa que os grupos da oposición "fan ao tempo de xuices e verdugos". Foi toda a súa referencia á polémica xudicial, porque dito isto centrou o seu discurso nas consecuencias que terá a disolución da Xerencia.
Catalina González: "O urbanismo de Sanxenxo é un plato moi interesante para moita xente"
A alcaldesa reservouse a última intervención para defenderse de todas as críticas vertidas "porque foron demasiado lonxe", para asegurar que subscribo todo o dito na rolda de prensa desta mañá" e insistiu en que detrás desta denuncia "están catro sinvergüenzas" que son aqueles "que non conseguiron manexar o urbanismo de Sanxenxo dende a política e agora o intentan dende o xulgado".
"O urbanismo de Sanxenxo é un prato moi interesante para moita xente", engadiu para concluír que todo isto e "moito máis" vaillo contar ao xuíz o próximo venres 29 de novembro.
Deseguido arrancou a votación e unanimemente a Corporación sanxenxina aprobou disolver a Xerencia de Urbanismo.
Relacionadas:
-
VIPS mostra o seu apoio á alcaldesa de Sanxenxo trala súa imputación por irregularidades urbanísticas
Por Oskar Viéitez |
-
Catalina González: "Si alguien piensa que va a quitar a esta alcaldesa por la puerta de atrás, que sepa que ha pinchado en hueso"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Encarnación Rivas, Secretaria xeral de Urbanismo, tamén imputada polas investigacións urbanísticas en Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Xulgado cita a declarar a técnicos e políticos relacionados coa xestión urbanística de Sanxenxo
Por Redacción | Creada e actualizada