As augas das praias da Concha-Compostela obteñen o "suficiente" en calidade
Por Redacción
As augas da praia urbana da Concha-Compostela logrou superar o "insuficiente" que obtivo en 2012 no informe do Servizo de Saúde Pública del Sergas. Nesta ocasión, estas augas obtiveron un aprobado que, o concelleiro de Medio Ambiente de Vilagarcía, Jesús Longa, considera que pode estar relacionado coas actuacións nos bombeos e na nova canalización do regato da Concha. Longa espera que esta evolución continúe nos proximos anos coa execución das obras proxectadas e que se centran na reparación e a limpeza da rede de sumidoiros submarina de Conchas. Tamén a Xunta ten previsto investir nesta zona a través do financiamento do Plan local de Saneamento das Rías.
Os resultados son os máis altos para as praias de Canelas, Campanario e Preguntoiro que obtiveron a cualificación de "excelente" no informe sobre todo o ano 2013. Estes resultados obtivéronse tras 36 mostras realizadas en cada un dos areais en diferentes semanas de ano. En concreto, a praia de Campanario en Bamio obtivo durante o pasado verán a súa primeira bandeira azul.