Pontevedra, satisfeita de cumprir "todo os obxectivos" en Estrasburgo
Por Alejandro Espiño
Se hai un sentimento que resume á perfección o ánimo co que a delegación pontevedresa regresa de Estrasbugo é satisfacción. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, asegura que a cidade cumpriu "todos os obxectivos" que se marcou nesta viaxe.
Xusto antes de embarcar de volta a casa, Fernández Lores celebrou que, a pesar de ser unha viaxe "accidentada", Pontevedra puido mostrar a súa transformación urbana no Parlamento europeo a través dunha intervención "inspiradora".
"Todas as cidades teñen que buscar o seu propio camiño", recoñeceu o alcalde, engadindo que "o que non podemos seguir permitindo é que as cidades sexan almacéns de coches".
Pontevedra, segundo Lores, é unha cidade que "cando a xente chega a ela, se sente acollida".
Para iso, dixo o rexedor pontevdrés, "hai que facer cousas que custan", entre elas restrinxir o uso do vehículo privado, para o que "hai que ter valentía" porque ao final, sostivo, "é positivo para a xente porque mellora a súa calidade de vida".
O tenente de alcalde, o socialista Tino Fernández, engadiu na súa valoración que o goberno municipal de Pontevedra "funciona desde o minuto un", compartindo a mesma filosofía "máis alá das discrepancias que poidamos ter na política internacional".
"Levo a sensación de que cando chegamos aquí xa se coñecía Pontevedra", subliñou o portavoz do PSdeG-PSOE, para quen isto significa que a cidade "xa é un referente". Isto supón, destacou, un "valor intanxible que non se pode medir en cartos".
Fernández defendeu que o de Estrasburgo foi unha viaxe "produtiva e rendible" para a promoción exterior de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Estrasburgo e Pontevedra estreitan lazos cunha visión compartida sobre o futuro das cidades
Por Alejandro Espiño |
-
Europa mira cara Pontevedra na busca de inspiración para peonalizar as súas cidades
Por Alejandro Espiño |
-
Un "fallo de configuración" no despegue do avión complica a viaxe de Lores a Estrasburgo
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, invitada a explicar a súa transformación urbana no Parlamento Europeo
Por Alejandro Espiño |