As Corbaceiras súmase un verán máis aos portos con saída para viaxar á illa de Ons
Por Redacción
Todos os sábados e domingos do mes de xullo haberá viaxes desde Pontevedra á illa de Ons. O peirao das Corbaceiras súmase aos de Bueu, Sanxenxo e Portonovo con esta oferta da Navieira Mar de Ons.
Tamén as illas Cíes, outro dos destinos do Parque Nacional das Illas Atlánticas, contará con viaxes a diario desta empresa no mes de xullo, pero neste caso só desde os portos de Sanxenxo e Portonovo. Os horarios de saída desde o primeiro porto terán lugar ás 11:15 horas e desde o segundo ás 11:30 horas. O regreso a ambos os portos realizarase ás 19:00 horas.
Os interesados en visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas, Illas Cíes e Isla de Ons, e entre o 15 de maio e o 15 de setembro xa poden tramitar directamente a súa autorización gratuíta na páxina web da Xunta de Galicia, pois contan ambos os destinos cun cupo diaria moi limitado, e é necesario ter autorización para poder desembarcar nestas illas. Unha vez retirada a prerreserva na páxina web da Xunta de Galicia débense adquirir os billetes de barco, nun tempo máximo de dúas horas.
Esta navieira tamén ofrece actividades de turismo astronómico nunha saída nocturna para observar as estrelas da man dun guía, ou excursións en barco á Illa de San Simón.
Relacionadas:
-
Ons celebra os vinte anos do Parque Nacional das Illas Atlánticas, un "emblema turístico" de Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
Rueda anuncia melloras nas infraestruturas e na accesibilidade na illa de Ons
Por Oskar Viéitez |
-
A central de reservas para visitar as Illas Atlánticas actívase con vistas á Semana Santa
Por Redacción |