Nenos de primaria de Ponte Caldelas participan en obradoiros de igualdade
Por Redacción
Este luns con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, continuarán os talleres destinados a fomentar a igualdade entre nenos e nenas de cuarto curso de Primaria do Colexio Cordo Boullosa. A actividade que se iniciou o 18 de novembro continuará nunha terceira sesión o 2 de decembro cos escolares de sexto curso.
A actividade titúlase 'Primaria adrede pola igualdade' e está coordinada polo Centro de Información á Muller (CIM) coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdad e a comunidade educativa do centro. O seu obxectivo céntrase en fomentar valores e actitudes que favorezan a igualdade de xénero nos centros non universitarios.
Durante todo o mes de novembro se están a desenvolver actividades preventivas tamén nos outros dous centros escolares do municipio: o CEIP da Reigosa e o Instituto.
Nos talleres búscase romper os estereotipos arragaidos na sociedade que atribúen ás mulleres a realización dos traballos domésticos-familiares. Con este obxectivo preténdese levar a cabo un labor preventivo sobre procesos de intolerancia que teñen unha especial incidencia entre os mozos.
DECLARACIÿN INSTITUCIONAL
O Pleno municipal de ponte Caldelas aprobou por unanimidade dos grupos políticos a declaración do 25 de novembro, con motivo do día da eliminación da violencia de xénero. Nesta declaración ínstase a que o equipo de goberno protexa os fillos de mulleres maltratadas e actúe favorecendo a prevención de comportamentos sexistas.