+Xuventude fomenta actividades grupais para a mocidade durante este verán
Por Redacción
Persoas con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos terán a posibilidade de participar nas actividades do programa +Xuventude do Concello de Sanxenxo. O vindeiro luns 4 de xullo iníciase a programación, que se manterá activa ata o 31 de agosto, en horario de 10.00 a 14.00 horas.
Aquelas persoas interesadas aínda poden inscribirse a través do correo xuventude@sanxenxo.org ou no teléfono 986 724 297.
A sede das actividades establécese na Casa Mariñeira de Don Fernando. Tamén están previstas actividades con visitas a distintos puntos do municipio dentro de talleres como medio ambiente e fotografía. As propostas buscan a implicación da poboación xuvenil a través de actividades grupais e fomentar as accións voluntarias e sociais.
O programa recolle, ademais de fotografía e medio ambiente, gymkanas, retos e redes sociais. Haberá un espazo para gamers con encontros para xogar e realizar campionatos. Tamén se desenvolverán accións de protección ambiental, ycolaboraciones con probas deportivas.