Os Bombeiros de Vilagarcía rescatan un mozo que se caeu na fervenza do río Barosa
Por Redacción
Os Bombeiros de Vilagarcía de Arousa lograron rescatar un mozo que caeu cando, en compañía duns amigos, caía na fervenza do río Barosa no concello de Barro ás 15.00 horas deste domingo 24 de novembro.
O mozo de 27 anos, natural do País Vasco, encontrábase pasando unha xornada de ocio cos seus amigos neste ámbito natural cando, ao pisar unha rocha húmida, esvarou perdendo o equilibrio e foi arrastrado de maneira aparatosa polas augas ata unha poza na que o mozo logrou agarrarse a un saliente. Non obstante, o rapaz que sangraba abundantemente pola boca como consecuencia do golpe, encontrábase asustado e víase incapaz de encontrar o equilibrio necesario para saír da zona de difícil acceso na que se encontraba. Alertada a Garda Civil e o 112, foi unha dotación dos Bombeiros de Vilagarcía quen conseguiu socorrer o mozo empregando unha corda.
Unha ambulancia trasladouno a un centro hospitalario con danos de diferente consideración na cara e tamén nun pulso.