As mulleres aprenden a empregar técnicas de defensa persoal da man da Policía
Por Redacción
Durante este fin de semana, un grupo de mulleres convocadas pola Asociación veciñal Pedra do Lagarto participou no curso de defensa persoal que se desenvolveu no Ximnasio Odisea impartido por integrantes do Sindicato Unificado de Policía (SUP).
Durante este curso, as participantes recibiron coñecementos prácticos para aprender a defenderse ante determinadas circunstancias violentas. Ademais, segundo sinalaba o secretario xeral do SUP, José Freire, a importancia de obter coñecemento deste tipo de técnicas permite aumentar a autoestima e confianza dun dos sectores da poboación que nos últimos tempos están a ser obxecto dos máis diversos tipos de violencia, dende as agresións sexuais, roubos con violencia ou intimidación á eiva da violencia de xénero.