60 anos de educación en liberdade da man das Escolas asociadas á Unesco

Por Redacción
As Escolas asociadas á Unesco de Galicia desenvolven a partir deste luns 25 de novembro no Pazo da Cultura o seu quinto Encontro baixo o lema "60 anos de Educación en Liberdade".
O acto inaugural será ás 12.00 horas do luns 25 no Salón de actos do Pazo e contará coa presenza da coordinadora estatal da Rede de Escolas asociadas, Rufina Moreno; o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, José Pinal; os concelleiros Anxos Riveiro e Agustín Fernández; a representante do ANPA, María Lores; a estudante de Bacharelato do IES Luis Seoane, Sara Martínez, que leva a súa vida escolar no marco da Rede a través da Escola Infantil Os Campos, primaria Marcos dá Portela e a coordinadora galega, Luisa Márquez.
O acto inaugural comezará coa actuación dun grupo de estudantes do CEIP Isidora Riestra e do IES Luis Seoane. Neste encontro participarán 9 das 14 escolas adscritas á Rede galega: IES Pedra da Auga de Ponteareas, IES Pazo da Mercé de As Neves, IES Luís Seoane de Monte Porreiro, CEIP San Benito de Lérez, CEIP Cabanas de Salcedo, CEIP Isidora Riestra de Poio, CEP Marcos da Portela de Monteporreiro, CEIP Manuel Vidal Portela de Pontevedra e o CEP Campolongo de Pontevedra.
O encontro que conmemora o 60 aniversario deste colectivo finalizará o 27 de novembro e acollerá diferentes actividades como a Feira da Ciencia e obradoiros destinados a distintas aprendizaxes: palilleiras, percusión tradicional, multilingüísmo, videomatón e manifesto.