Unha 'ecomarcha' unirá Pontevedra e Lugo para solidarizarse con diversas causas ambientais
Por Redacción
Tras a pandemia, Ecoloxistas en Acción recupera a súa 'ecomarcha'. Farao organizándoa por primeira vez en Galicia. Sobre a bicicleta, os participantes unirán Pontevedra e Lugo para reivindicar diversas causas ambientais e sociais.
A saída será o 9 de xullo en Pontevedra, onde este colectivo pretende denunciar a continuidade da actividade industrial de Ence na ría de Pontevedra.
O percorrido, que continuará ata o 24 de xullo, chegará ata a cidade de Lugo, pero tras pasar por numerosas localidades galegas como Santiago, A Coruña ou municipios da Costa da Morte, xusto cando van cumprirse vinte anos da catástrofe do Prestige.
Así, a primeira etapa será Pontevedra-Cotobade, cuns 35 quilómetros de percorrido e a segunda, que sairá de Cotobade, chegará a Rianxo tras completar outros 65 quilómetros.
Serán as únicas dúas etapas que transcorrerán pola provincia de Pontevedra.
Esta 'ecomarcha', segundo destaca Ecoloxistas en Acción, ten prezos populares e é unha iniciativa pensada para que, cun pouco de esforzo, poidan gozar participantes de todas as idades.
A ONG destaca que Galicia é unha das comunidades do Estado con maior atractivo natural "e, á súa vez, unha das que máis sometida está ás ameazas deste modelo desarrollista e irracional", polo que a marcha irá solidarizándose con causas de gran importancia ambiental.
Os participantes poden anotarse a través da páxina web de Ecoloxistas en Acción.