Os comuneiros de Mourente e a Deputación abren negociacións para a cesión dos terreos de Príncipe Felipe
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra e a Comunidade de Montes de Mourente abren unha vía de negociación para buscar un acordo de cesión dos terreos que ocupa actualmente o Centro Príncipe Felipe.
Así o revelaron os propios comuneiros, poucos días despois de que a institución pública presentanse ante a Audiencia Provincial un recurso xudicial contra a sentenza en primeira instancia que recoñece á Comunidade de Montes a titularidade dos terreos ocupados pola cidade infantil.
Con todo a pesar dese recurso a Deputación propuxo aos comuneiros manter reunións periódicas para avanzar na redacción dun convenio que regule a cesión a longo prazo.
Toda a situación foi explicada este domingo nunha asemblea da Comunidade de Montes, onde os 133 comuneiros reunidos criticaron o recurso xudicial á sentenza, que ocasionará gastos, ao consideralo unha vía inútil tendo en conta o precedente da sentenza que recoñece o carácter veciñal do monte Montecelo na parcela ocupada polo hospital, ratificada no seu día pola propia Audiencia Provincial.
A xunta reitora da Comunidade de Montes informou de que días despois da presentación do recurso xudicial celebrouse xa unha reunión entre as dúas partes a pedimento da Deputación, na que se xustificou a presentación do citado recurso por ser o comportamento habitual da administración nos casos desfavorables en primeira instancia.
A directiva dos comuneiros recibiu a aprobación dos seus asociados para acudir ás reunións, coa disposición de chegar a un acordo que garanta o futuro do Centro Príncipe Felipe. En todo caso se non se produce ese acordo "será pola torpeza e dobre xogo do organismo provincial e non pola actitude dos comuneiros de Mourente", defende a Comunidade de Montes.
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez avoga polo "entendemento e a negociación" para chegar a acordo cos comuneiros de Mourente
Por Oskar Viéitez |
-
Os comuneiros de Mourente, contra a Deputación por "deslealdade e dobre xogo" no conflito polos terreos de Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
"Todos saen gañando" coa sinatura do acordo sobre os terreos do Hospital Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta autoriza o acordo coa Comunidade de Montes de Mourente para regularizar a situación do Hospital Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva abre a porta a negociar cos comuneiros de Mourente un canon "axeitado" por Príncipe Felipe
Por Manu Otero |
-
O Xulgado de Pontevedra recoñece á Comunidade de Montes de Mourente a titularidade dos terreos de Príncipe Felipe
Por Redacción |