O IES A Xunqueira I someterase a unha reforma integral valorada en 735.000 euros
Por Redacción
O instituto IES A Xunqueira I someterase a unha renovación integral que supón un investimento de 735.000 euros por parte da Xunta de Galicia.
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou esta semana o instituto para presentar o proxecto e despedir o curso co seu alumnado.
O representante do goberno galego explicou que esta actuación se enmarca no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para renovar as instalacións educativas en base a un modelo de espazos máis accesibles, amplos e flexibles, en conexión coas necesidades do ensino deste século.
Tamén queren acadar centros máis sustentables, mellorando a enerxética dos centros, como é o caso desta obra. Neste senso, inclúen melloras na fachada a través do seu illamento exterior e da colocación de catro novas carpinterías exteriores e vidros (incluída persiana e caixa de persiana). Ademais, para mellorar a accesibilidade do instituto, instalarán un ascensor.
En canto ao interior do edificio, montarán falsos teitos en diferentes áreas e renovarán o revestimento interior do centro mediante pintura plástica branca ou en cores claras.
Completarán a reforma cos aseos da planta de acceso ao edificio, a creación dunha nova aula no espazo ocupado por un dos almacéns e o cambio da iluminación interior do centro, entre outras melloras.
Relacionadas:
-
Comezan as obras de rehabilitación integral e enerxética do IES Xunqueira I
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta e a Universidade de Vigo acordan o uso conxunto de varias instalacións en Pontevedra
Por Redacción |
-
PP e PSOE enfróntanse pola prohibición do uso das instalacións deportivas municipais a entidades privadas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Pontevedra suma 11 millóns máis ao orzamento municipal, que superará os 118 millóns
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O PP pide a dimisión do concelleiro Demetrio Gómez polo atraso de obras e proxectos municipais
Por Diana Eiras & Anxo Lourido |