Difusión Felina faise cargo do gato que se escondeu nun coche en Uxío Novoneyra: "Atópase ben e será levado ao veterinario"
Por Redacción
A Asociación Protectora de Animais Difusión Felina Pontevedra fíxose cargo do gato que foi protagonista o pasado xoves dun peculiar suceso na céntrica rúa Uxío Novoneyra de Pontevedra, ao esconderse no motor dun coche aparcado.
O seu intento de rescate causou un gran balbordo, con decenas de veciños tentando colaborar e mesmo unha patrulla da Policía Nacional, ademais dunha polémica multa da Policía Local polo medio, que segundo explicaron posteriormente fontes oficiais da propia Policía Local tramitouse previamente.
O gato abandonou o vehículo para meterse dentro doutro en marcha, que acababa de saír dun garaxe e no que volveu meterse para tentar recuperar en bo estado ao animal, unhas tarefas que se prolongaron durante un longo espazo de tempo.
Finalmente Difusión Felina confirmou o rescate do gato. "Vímonos na obrigación de actuar", explican revelando que o felino "se atopa ben e será levado ao veterinario".
Desta forma polo momento o protagonista desta rocambolesca historia "estará a cargo da Asociación, xa que no Concello de Pontevedra non exite protocolo algún de recollida de gatos; o único protocolo que hai son os cidadáns que se preocupan e as asociacións que fan o pouco que poden e que están completamente desamparadas", quéixanse desde Difusión Felina asegurando estar "completamente saturados", unha situación que se agrava no verán ao non poder contar con algunhas das casas de acollida habituais.
Relacionadas:
-
Coidadoras de gatos da rúa, o labor silencioso ao caer a noite
Por María José Pita & Mónica Patxot |
-
Unha cría de cirrio, a "visita especial" do día na Subdelegación do Goberno
Por Oskar Viéitez |
-
Os motivos da polémica multa do coche cun gatiño: xa o denunciaran cando apareceu no motor
Por Natalia Puga |
-
A que liaches... gatiño
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |