Un San Xoán coma os de antes, con lumeiradas, música, sardiñas e "festa rachada"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Había moitas ganas e iso notouse nas numerosas lumieiras que iluminaron a noite meiga de San Xoán.
A medianoite, como manda a tradición, acendíanse as cacharelas para espantar ás meigas. Aínda que non todas as fogueiras foron festivas pois moitas das autorizacións a particulares en leiras privadas foron para facer queimas agrícolas.
En Pontevedra solicitouse autorización para acender 156 fogueiras, pero a máis concorrida, a da Asociación de Veciños de Eduardo Pondal foi suspendida ante as malas previsións meteorolóxicas, en Marín os veciños de Cantodarea aprazaron 24 horas o seu San Xoán e en Poio aprazaron a setembro o espectáculo pirotécnico previsto para a noite o domingo 26 de xuño. A tirada de fogos de artificio queda fixada para a noite do 24 de setembro, nas Festas da Merced, que porán o punto e final ao programa Verán en Poio.
Pero, nin a ameaza de choiva nin tampouco a da sétima onda de contagios logrou chafar a festa, no inicio do primeiro verán sen restricións da era pospandemia.
Esta noite conviviron as grandes cacharelas públicas cos botellóns particulares con fogueira sen que se rexistrasen grandes incidentes.
Tamén se repetiron algúns ritos como a recollida de herbas de San Xoán, sardiñadas como a da Seca que repartiu 350 quilos, ou o costume de queimar os apuntes para aqueles estudantes que acabaron con éxito o curso e aos que agora toca gozar do verán, aínda que o sol e a calor fáganse esperar.
Relacionadas:
-
Os eventos de San Xoán aprazados polo mal tempo pasan ás Festas da Mercé
Por Oskar Viéitez |
-
O PP de Poio critica a falta de Policía Local nas Festas de San Xoán pola noite
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Capitol e París de Noia animaron Poio no peche das Festas da San Xoán
Por Redacción |
-
A Seca queda pequena para ver a Panorama nas Festas de San Xoán
Por Redacción |
-
Rouban as chaves do camión de bombeiros do Grove impedíndolles acudir a un incendio
Por Oskar Viéitez |