Despois de dous anos sen festexos taurinos, as 'Conversas na Ferrería' falan da feira da Peregrina que se celebrará os días 13 e 14 de agosto. Esta semana a empresa Lozano presentou os carteis e con tal motivo, chequeamos a opinión da afección en voz de Raúl Martínez, presidente da pena Miura; Pepé Maquieira, xestor da web Taurophilos e Juan Riveiro, presidente da Coordinadora de Penas Taurinas de Pontevedra.
Chequean destros e ganderías que integran ambos os festexos e que traerán a 'El Juli', Manzanares, Tomás Rufo e Garcigrande e ao día seguinte Morante de la Puebla, 'El Fandi' e Roca Rey con Alcurrucén. Matadores todos eles xa coñecidos entre a afección pontevedresa dada a súa presenza en edicións anteriores, salvo o que está a ser unha das revelacións desta tempada, Tomás Rufo, que debutará na praza de San Roque.
Durante a charla, a conversación tamén sae de Pontevedra para mirar aos despachos de billetes das principais feiras celebradas na primavera; aos touros que saíron ás prazas, ou a eventos que moveron á afección como foi a reaparición de José Tomás en Jaen e ao que se espera de novo en agosto en Alacante.
Volvendo ás cuestións máis próximas, os intervenientes no podcast de PontevedraViva Radio, expoñen diversas propostas que consideran deben ser tidas en conta os propietarios da praza, co obxectivo de afianzar a oferta taurina nesta capital e tamén de seguir xerando afección entre a poboación xuvenil, máxime cando xurdiron tres novos que están a reclamar unha oportunidade na súa cidade.