A Policía acode ao aviso dunha muller espida no parque da Xunqueira ás catro da tarde
Por Redacción
Pasaban dez minutos das catro da tarde deste mércores, cando a Policía Local recibiu unha chamada cidadá alertando de que había unha muller espida no Parque da Xunqueira, en Vilagarcía de Arousa, un lugar moi frecuentado, especialmente por nenos e diversas idades que acoden aos parques infantís e ás canchas deportivas.
Cando chegaron ao lugar a muller xa estaba vestida, pero ante a actitude alterada e os reiterados insultos e obscenidades que proferiu a voces contra os axentes, finalmente tivo que ser detida e conducida ás dependencias da Comisaría da Policía Nacional.
A muller, que podería padecer algunha alteración psicolóxica, é unha veciña de Vilagarcía nacida no ano 1969.
En resposta ao aviso cidadá acudiron ata a Xunqueira unha patrulla da Policía Local e outra da Nacional.
Ademais de nas violentas expresións verbais, o estado de alteración que presentaba a muller manifestouse tamén na patada que lle propinou a un axente do Corpo Nacional de Policía e na resistencia que opuxo para ser detida.
Tras un forcexeo inicial, finalmente foi reducida e conducida ás dependencias da Comisaría no coche patrulla, onde continuou lanzando improperios contra os axentes.
Relacionadas:
-
Identificados tres menores en Vilagarcía por danar coches aparcados na rúa
Por Redacción |
-
Un sindicato policial solicita o "cesamento inmediato" do xefe da Comisaría de Vilagarcía
Por Oskar Viéitez |
-
Unha identificación rutineira da Policía acaba con balbordo e un home detido por desobediencia
Por Natalia Puga |
-
A Policía Nacional erradica varios puntos negros de venda de droga en Vilagarcía
Por Redacción |