O San Xoán de Cerdedo-Cotobade trasládase ao pavillón de deportes pola choiva

Por Redacción
A celebración do San Xoán do Concello de Cerdedo - Cotobade trasládase ao pavillón municipal de deportes de Cerdedo pola ameaza de choiva que poidera arruinar este evento festivo e gastronómico para o cal 950 persoas retiraron outros tantos tíckets que lle dan dereito a degustar churrasco de porco celta, sardiñas, pan e viño.
As adversas previsións metereolóxicas fan tamén que o Concello de Cerdedo-Cotobade aprace a celebración do concerto de Roi Casal, previsto para este venres 24 de xuño, para outra data todavía por determinar e que garanta un mellor tempo para poder acoller un evento destas características.
Por outra banda, sinalan que un total de 43 persoas solicitaron autorización para levar a cabo fogueiras públicas e privadas durante a noite de San Xoán que, pese ás malas previsións metereolóxicas, fai prever que a veciñanza vai tentar disfrutar desta celebración ao máximo.
O alcalde, Jorge Cubela, lamentou ter que tomar esta decisión pero significou que “o enorme respaldo colleitado á iniciativa de celebrar San Xoán con churrasco de porco celta, sardiñas, pan e viño para o cal xa se retiraron 950 tíckets fíxonos reflexionar sobre a necesidade de buscar unha solución e imos resolver a través do pavillón xa que alí estaremos todos a cuberto e degustando un auténtico menú de San Xoán coa música da Disco Móbil “On by Chito”.
Por outra banda, Cubela referiuse ao concerto de Roi Casal previsto para o venres 24 e manifestou que “sentimos moito ter que aprazalo, pero non había garantías de que o tempo acompañara e non podemos tampouco arriscarnos a preparar todo e ter que suspendelo. Buscaremos próximamente unha data axeitada para que a veciñanza poida disfrutar da boa música de Roi Casal. Avisaremos convitemente e con anticipación da data escollida”, indicou o alcalde de Cerdedo-Cotobade.
Relacionadas:
-
Roi Casal recupera este venres 15 de xullo o seu concerto aprazado en Cerdedo
Por Redacción |
-
A fogueira do barrio do Gorgullón, suspendida pola previsión de mal tempo
Por Redacción |
-
Preto de 200 solicitudes en Poio para o prendido das cacharelas
Por Redacción |
-
Na noite de San Xoán arderán 327 cachadas en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas espera 100 fogueiras de San Xoán e San Pedro
Por Redacción |